lunes, 15 de enero de 2018

Presentación de "Mil viajes a Ítaca"

O pasado venres, 12 de xaneiro, no IES República Oriental de Uruguay de Vigo, ás 17:30 horas, celebrouse a presentación do libro Mil viajes a Ítaca, de Ana Capsir Brasas, bióloga e Patrona de Altura de la Marina Mercante, que leva surcando as augas dos mares gregos desde fai 25 anos.
Neste libro, que é a súa primeira obra narrativa, Ana sumérxenos nas súas experiencias nese país ó longo de máis de 20 anos. O acto foi organizado por unha profesora do centro, Concepción Fernández Mosquera, xefa do Departamento de Grego e vicedirectora.
Ana participou nun programa da serie "Al filo de lo imposible", titulado "Corsica salvaje", a bordo do seu propio barco de aceiro "La Maga Azul".





Fotos da presentación do libro: Daniel García Cancio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario